A Xunta vén de executar un pasteiro de case 31 hectáreas nos montes veciñais en man común de Baroña (Porto do Son) para establecer unha devasa (cortalumes) nunha zona afectada cada pouco tempo polos incendios forestais. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou este luns 17 de xaneiro estes traballos abeirados á primeira fase do Plan de Pastos de Galicia, cun investimento próximo aos 145.000 euros.
O DIRECTOR XERAL DE GANDARÍA VISITOU OS TRABALLOS REALIZADOS NA PRIMEIRA FASE DO PLAN DE PASTOS DE GALICIA EN BAROÑA

