A Autovía do Barbanza rexistrou onte dous accidentes graves

En pouco máis de dez minutos, dous vehículos se saíron da vía en ambos os dous sentidos da circulación da AG-11. O primeiro sucedeu ás 20:50 horas de onte nos carrís en dirección a Santiago de Compostela, dentro do termo municipal de Rianxo. Un condutor perdeu o control e envorcou co vehículo que manexaba. M.J.S.L., de 48 anos e veciño de O Araño,Tiveron que intervir os Bombeiros de Boiro, que romperon o maleteiro para poder sacar ao ferido. A persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda asegurou que, pese ao golpe, o condutor estaba consciente. Ata o lugar do accidente se desprazou unha ambulancia de Urxencias Médicas.

Dez minutos despois, outro turismo, esta vez en sentido Ribeira e á altura do concello da Pobra do Caramiñal, se saíu da vía e quedou parado no medio da calzada. Tratase dun Renault Megane Coupe con pracas de matrícula 7381-GPD, o vehiculo bateu coa mediana e o gardarail, rematando no medio da calzada. O motor saiu despedido quedando tirado na cuneta. No sinistro resultou ferida J.R.M., de 39 anos, que viaxaba de acompañante. Para acceder ao ferido, os Bombeiros de Ribeira quitaron unha porta e un asento.a muller foi trasladada por unha ambulancia do 061 ata o hospital do Barbanza. Pola súa banda, os profesionais do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos técnicos sanitarios, das forzas da orde e dos servizos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.