Xesús Vázquez Abad Visita As Obras De Mellora Da Escola De Educación Infantil Fernández Varela Da Pobra Do Caramiñal

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá as instalacións do centro educativo Fernández Varela, para comprobar o estado dos traballos realizados por valor de mais de 33.000 euros. Deles, máis de 27.000 euros foron investidos pola Consellería na reparación da cuberta do patio, o pavimento e o muro, ademais de na mellora e acondicionamento dun dos baños da escola infantil. A maiores o concello da Pobra destinou uns 6.000 euros na construción do baño da segunda planta. Grazas a estas accións, o vindeiro curso académico un total de 118 alumnos poderán gozar dunhas instalacións educativas en óptimas condicións.
Acompañado polo xefe territorial de Educación na provincia, Indalecio Cabana; a directora da escola Josefina Pacheco; e o alcalde da localidade, Isaac Maceiras, Vázquez Abad percorreu as instalación da EEI Fernández Varela, onde puido comprobar o estado das obras realizadas no centro. Polo demais continuará a beneficiarse do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares coa fin de fomentar a lectura entre o alumnado, ao que a Consellería destinou xa 13.700 euros. Tamén dende o ano 2011 esta institución educativa conta cun aula dixital. Adicionalmente, desde a Consellería de Cultura e Educación realízase unha inversión anual de 27.437,40 euros para o transporte escolar.
Con esta visita Cultura e Educación reafirma o seu compromiso coa Pobra do Caramiñal. Dende o ano 2009 o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, leva invertidos preto de 308.000 euros na mellora e acondicionamento dos colexios públicos deste concello Coruñés.

http://youtu.be/rG9CSgtuUAc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.