Volve o fútbol da Preferente ao Barbanza. Salvo noticia de última hora, boirenses e pobrenses regresarán ao verde para disputar dous encontros claves para as súas aspiracións máis próximas.
Por un lado o Boiro visita ao Arteixo, que marcha líder con 29 puntos, e que se prevé que será o campión do grupo, agás algunhas sorpresa. Os de Barraña chegan, ao primeiro partido do 2022, sextos, logo de ver aprazado o seu anterior encontro por mor da COVID-19. O partido da primeira volta resultou con empate a 0, certo é que os de Coruña mereceron quizáis algo máis, pero os de Luis Carro aguantaron o tipo para sacar un punto. O partido disputarase o domingo as 12:00 en Ponte dos Brozos.
Doutra banda, o Puebla recibe na casa ao Boimorto coa intención de manter a boa dinámica de resultados e xogo que traen. Na xornada anterior, xa no 2021, convertéronse no primeiro equipo en derrotar ao Arteixo, por 3-2. Pola súa parte, o Boimorto tamén chega en boa forma logo de vencer ao Dubra na casa por 3-2. Sétimo marcha o Puebla con 16 puntos e o Boimorto cos mesmos, pero cun partido máis. De gañar, o Puebla meteríase na loita plena polos postos de promoción. O encotnro disputarase o domingo ás 16:30 no Estadio da Alta.