Baixo a organización da Sociedade Deportiva Barbantia Roda e coa colaboración do Concello de Boiro, este sábado terá lugar a competición da “I Milla Solidaria de Boiro”. Trátase dunha carreira solidaria cuxos beneficios serán destinados a axudar os nenos e nenas que viven nos campamentos nuns tempos tan difíciles como os actuais, cun conflcto aberto na zona. A proba terá lugar o sábado 28 de mayo na rúa peonil de Boiro, coincidindo coa festa do deportes que se realiza ese mesmo dia na vila.
As inscripcións poden facerse no departamento de deportes ata o venres e ata última hora da mañá e previa saída da carreira na carpa de organización. O prezo de einscripción é de tres euros, agas para as acategorias infantis, que e gratis. A recadación das inscripcións irá íntegramente doadas a favor dos nenos refuxiados do Sáhara.
O alcalde de Boiro destacou o deber que este país ten co Sahara, e agradeceu a iniciativa promovida por Roberto.
o remate da carreira habra medallas para todos os nenos, e trofeos para os tres primeiros de cada categría. Dende a organizacion agradecen a acolaboracion de empresas e establecementos de Boiro, que se volcaron coa causa.