Durante a noite do domingo 9 de xaneiro, a Gasolineira de Bermo, en Boiro, viviu un suceso no que un boirense de 40 anos disparou á perna doutro de 60. Logo de ser detido, e pasar varias noites detido, o titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira decidiu liberade con cargos para o agresor, logo de tomarlle a declaración, Ademais, impúxose a obrigación de presentarse de forma reiterada nas dependencias xudiciais do municipio ribeirense. Así mesmo, decretóuselle unha orde de afastamento en relación coa vítima.
Durante as últimas horas, a Garda Civil investigou sobre o acontecido esa noite, e localizou a arma: un rifle de caza, co que presuntamente agrediu ao oitro boirense, que pouco despois foi trasladado de forma urxente ao hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Outra das últimas investigacións trascenden en que a vítima e o agresor xa se coñecían previamente. As fontes presenciales do delito sinalaron aos axentes que a discusión comezou arredor das 21:00. O agresor abandonou o establecemento, momento no que a vítima tamén o fixo e foi disparada na súa perna. Os encargados da investigación descartaron que se tratara dunha discusión por drogas.