A piscina municipal da Pobra podría volver a mans do concello, así o explicou o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, tras dar conta da intención de Viaqua, empresa que xestiona a intalación, de deixar a concesión. Mentres se baraallan as posibles solucións, entre as que se atopa recuperar a xestión da instalación, o excutivo Pobrense botou man dunha cláusula do contrato para que a concesionaria continúe o seu labor ata o 31 de decembro.
Dende o concello tratan de liberar partidas para a piscina, mentres dialogan con varias administracións na busca de apoio económico. Un dos maiores gastos da instalación está a ser a calefacción de gasoil, polo que o executivo trata de instalar unha calefacción de biomasa, pra elo busca unha subvención no INEGA ou a través da Consellería de Educación, cun posible acordo para compartir a calefación do Salustiano Rey Eiras. O aforro estaría entre os 7.000 e os 30 .000 euros anuais.
O rexedor pobrense agarda que en 10 anos o aforro se eleve a uns 50,000 euros anuais.