O vicepresidente económico e conselleiro de Economía e Empresa, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuníronse cos representantes dos concellos de Porto do Son, Outes, Noia, Muros, Lousame e Ribeira para avaliar a situación da mina de San Finx. Conde sinalou que a Xunta non recibiu solicitude formar da transmisión da titularidade por parte de Sacyr nin de Rafaella Resources.