Deportes

ALEXANDRE OTERO, DO TRIATLÓN RIANXO GAÑOU O DUATLÓN CROS DE REIS DE VIMIANZO.

O Triatlón Rianxo está de noraboa polos resultados acadados por dous dos seus integrantes. Alexandre Otero gañou o Duatlón Cros de Reis de Vimianzo, primeira proba d campionato galego da modalidade. Deste xeito, o deportista recibiu o maillot de líder do campionato de Galicia. Por outra banda, Roi Eiras fíxose co segundo posto no Trail dos Penedos, e primeiro da súa categoría. Desde o Club Triatlón Rianxo mostráronse moi contentos cos primeiros resultados dun curso 2022 que promete.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.