Os emigrantes retornados da Barbanza voltaron saír hoxe ás rúas de Ribeira para dar conta da situación que atravesan.A protesta de hoxe iniciouse ante a delegación de Facenda en Ribeira, trasladándose posteriormente polas rúas de Ribeira ata chegar á praza do Concello.
Os problemas dos emigrantes retornados co fisco agudízanse, fai varias semanas que o teléfono para a atención do colectivo deixou de dar citas para atender os afectados, e queda pouco mais dun mes para que finalice o prazo dado polo goberno para as regularizacións. A partir de agora os afectados terán que buscar xestores privados.
Os emigrantes retornados volven as rúas
Please login to join discussion