Xa está aquí o calendario de regatas de cruceiro na Ría de Arousa para a tempada 2022. O programa está composto por un total de 24 probas, que van desde o 15 de xaneiro ata o 17 de decembro. Club Náutico Arousa Norte, o de Vilagarcía, o de Rianxo, o de Marín e o de Portosín serán os clubes encargados de organizar as diferentes probas. A competición comezará coa Liga de Cruceiro Ría de Arousa, con categoría local este sábado nunha proba organizada polo Arousa Norte. O 14 e o 15 de maio terá lugar unha das citas máis agardadas cada ano, o Trofeo Almirante Rodríguez-Toubes, que este 2022 acolle a súa 26 edición, en categoría Copa de Galicia. Para pechar a tempada, o Club Náutico de Rianxo organizará a Regata Ensenada de Rianxo Trofeo Varela e Hijos o 17 de decembro.