Boiro Novo valora positivamente o seu primeiro ano de traballo

Boiro Novo fai balance do traballo realizado ao cumprirse xusto un ano das últimas eleccións municipais. A Asemblea Cidadá Boiro Novo valora positivamente o traballo feito por todas as compañeiras e compañeiros durante estes 365 días. Os homes e mulleres que conforman a marea de Boiro afirman sentirse orgullosos do traballo desenrolado durante todos estes meses, pois este sempre se baseou na colaboración entre todas e todos , e no compañeirismo e o diálogo dentro da asemblea.

Así , dende esta agrupación, afirman que en apenas un ano de vida, Boiro Novo, converteuse nunha organización fundamental para a vida política do concello. A nosa marea representa unha maneira de facer política distinta á dos demais partidos do consistorio, polo que consideran esencial continuar coa súa proposta activista, de loita e de esquerdas.

Durante os últimos 12 meses, Boiro Novo, presentou propostas encamiñadas á creación de emprego, á recuperación do noso patrimonio histórico, á mellora da calidade no traballo do sector marisqueiro…etc. Mostrando deste xeito o seu compromiso co programa político co que afrontaron os comicios de maio do 2015. Destacan que no futuro seguirán loitando pola veciñanza de Boiro .

https://www.youtube.com/watch?v=4KOcmbOTs-c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.