Boiro

UN HOME, FERIDO DESPOIS DE RECIBIR UN DISPARO NA SÚA PERNA NUNHA GASOLINEIRA DE BOIRO.

No día de onte, ás 21:00 horas, a Policía Local e a Garda Civil recibiron a alerta de que un home, veciño de Boiro duns 60 anos, foi ferido nunha perna despos de ser disparado cunha arma de fogo na gasolineira do lugar de Bermo. Chegaron os axentes municipais, que se atoparon á vítima no exterior da área de servizo. O presunto autor do disparo, tamén veciño de Boiro de duns 40 anos, xa marchara do lugar e foi detido instantes máis tarde.
Segundo fontes presencias, os dous implicados enredéraonse nunha liorta dentro do bar ubicada na área de servizo, cando empezaron a discutir. Segundo as testemuñas, esta discusión trasladouse ao exterior, onde o presunto agresor acercouse á vitima e apretou disparador apuntando á perna.
A vítima foi trasladada de urxencia ao hospital clínico de Santiago, onde se atopa actualmente ingresada. O detido, está no cárcere do cuartel de Boiro, e áinda que os axentes seguen instruíndo dilixencias, consideran probado que os feitos corresponden a un homicio en grao de tentativa. En prinicipio, o presunto agresor será posto mañá a disposición xudicial.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.