O Concello de Ribeira adxudicou no 2021 actuacións por valor de 10.923.368,78 euros, o que reafirma o noso municipio como un dos máis inversores en obra pública de toda a xeografía galega. Así, os distintos procedementos de contratación impulsados traducíronse nun total de 71 expedientes adxudicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.