F.J.P. de 34 años, foi traslado polo Pesca 1 dende o pesqueiro Gransolero Sexto que se atopaba a altura de corrubedo ata o hospital da Barbanza
Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, ás 9:15 da mañá o pesqueiro ‘Gransolero Sexto’ de que un tripulante presentaba unha forte dor no peito .
Dende salvamento marítimo movilizouse o helicóptero ‘Pesca 1’ da Xunta, para trasladar ata Ribeira ó mariñeiro, que se atopaba no barco a catro millas de Corrubedo. Á chegada a Riebira o home foi trasladado por unha ambulancia do 061 ata o Hospital do Barbanza, onde foi atendido de urxencia.