Os casos de coronavirus seguen a medrar na comarca, aínda que dunha forma menos ampla. Na área sanitaria detectáronse nas últimas horas 596 positivos e hai 11.355. Ribeira suma 31 novos contaxios a dúas semanas e conta con 883, mentres que a unha semana ten 405, 99 menos que onte. Boiro rexistra 645 casos a catorce días, cinco menos que onte, e 222 a sete días, 86 menos. Noia supera a barreira dos 400 e conta con 407 a dúas semanas, oito máis que na xornada anterior. Sen embargo a unha semana rexistra 152, doce menos.
Na Pobra hai 321 positivos a catorce días, cinco máis que onte, e 134 a sete días, 46 menos. Porto do Son detecta 301 contaxios a dúas semanas, cinco máis que na xornada anterior, e 134 a unha semana, 19 menos. Rianxo conta con 264 casos a catorce días, un máis que onte, e 107 a sete días, 22 menos. Muros rexistra 253 positivos a dúas semanas, sete menos que no día de onte, e 91 a unha semana, 18 menos. Outes permanece con 88 casos a catorce día e ten 37 a sete días, catro menos. En Lousame reducíronse en 5 a dúas semanas para un total de 54, mentres que a unha aumentan en 3 ata os 24.
Galicia suma 3.913 novos contaxios e hai un total de 61.635 casos activos. Nos hospitais autonómicos permanecen395 persoas ingresadas por covid, 16 máis que onte. En planta permanecen 343, 18 máis que na xornada anterior, mentres que en coidados intensivos hai 51 pacientes, dous menos que onte.

