Ribeira

A CAMPAÑA POBRENSE RAÑA E GAÑA SUPUXO UN MOVEMENTO DE 800.000 EUROS NA SÚA SEGUNDA CONVOCATORIA.

A segunda edición da campaña Raña e gaña acaba de concluír despois de que se puxese en marcha no 27 de novembro para incentiva-las compras nos establecementos de proximidade e, polo tanto, vigoriza-la actividade económica do municipio.
Segundo informa a Concellaría da Promoción Económica,Charo Varela, esta convocatoria igualou o éxito da primeira, pois supuxo un movemento de aproximadamente 800.000 euros. No transcurso da campaña distribuíronse máis de 70.000 tarxetas en 60 establecementos comerciais e de servizos da localidade, o que se traduciu no repartimento de arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 15.000 euros.
Entre os locais integrantes figuraban tendas de roupa, alimentación, deportes, centros de estética, xoiarías ou informática, entre outros, traducíndose en agasallos de diversa índole: dende produtos alimentarios a sesións fotográficas, tratamentos de beleza ou complementos, os cales son só algúns dos exemplos. Ademais, as empresas colaboradoras aportaron o seu grao de area con presentes que consistiron, principalmente, en lotes de produtos, dispositivos eléctricos, maletíns de limpeza de vehículos e unha viaxe familiar a Eurodisney.
As persoas afortunadas que aínda non recollesen os seus agasallos aínda están a tempo ata o día 28 de febreiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.