Deportes

VARIOS CASOS POSITIVOS NO SAN SADURNIÑO OBRIGAN A APRAZAR O ENCONTRO QUE OS ENFRONTABA AO BOIRO VOLEIBOL.

A Covid segue a facer efecto en tódolos ámbitos, e útimamente estase trasladando ao deportivo. Neste caso ao Voleibol, xa que a Federación Española de Voleibol informou nas últimas horas do aprazamento do encontro entre o San Sadurniño e o Rotogal Boiro Voleibol, logo que os os coruñeses notificaran varios positivos nas súas filas. Deste xeito, o encontro que corresponde á xornada 13 queda aprazado e pendente de concretar unha data entre os dous clubs para que se dispute nas mellores condicións posibles. O Boiro Voleibol sitúase na oitava posición con 15 puntos e o San Sadurniño é colista con tan só 3. Os aficionados boiristas deberán agardar para volver a ver aos seus.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.