O Concello de Lousame organiza unha nova edición do Torneo de Xadrez de Reis, previsto para o vindeiro venres 7 de xaneiro, de 20:30 a 21:15 horas. O torneo celebrarase en liña, a través da páxina web Lichess. Para participar só é preciso anotarse por Whatsapp no teléfono 633 447 674.
O torneo está organizado por Alberto Dios, profesor do CPI Cernadas de Castro e mestre das clases de xadrez no municipio, en colaboración co Concello de Lousame. Deste xeito o concello continúa a súa aposta polas actividades deportivas e culturais, que ao longo do ano 2021 foron moi variadas, dende a tradicional San Silvestre, pasando polas clases de maxia e outro sinfín de iniciativas á disposición de toda a veciñanza e todas as idades.