A conselleira do Mar informou no Parlamento das conclusións das xornadas O sector pesqueiro galego: trazando rumbos de futuro, celebradas en Teo o 3 e 4 de maio

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das conclusións das xornadas O sector pesqueiro galego: trazando rumbos de futuro, celebradas en Teo o 3 e 4 de maio e que contaron coa participación de expertos e profesionais do mundo da pesca. Alí destacou que neste foro o sector determinou que a unidade, os argumentos, a estratexia e a concienciación pública son o eixo central do seu futuro.
Neste sentido, explicou que neste foro se determinou “a necesidade dunha actuación a prol da actividade pesqueira galega que permita dotala de futuro en termos de viabilidade e sustentabilidade”.
Estes principios quedan reflectidos nas catro sesións que conformaron as xornadas. Na primeira delas, denominada “A estabilidade relativa: elemento principal da ordenación pesqueira”, púxose de manifesto que este principio é “o punto de partida de contradicións.
Segundo subliñou Rosa Quintana, nesta sesión os expertos tamén concluíron que “a estabilidade relativa resulta de difícil eliminación e que é máis factible a súa modificación e axeitamento aos nosos intereses”. Neste sentido, sinalouse a importancia de aproveitar medidas como as cotas transferibles e o seu intercambio e de traballar en paralelo “para darlle solución á subutilización das cotas asignadas aos Estados membros, xa que é unha fonte de alimentos que non se aproveitan”, advertiu.
Así, no eido xurídico e normativo contra este principio, a conselleira explicou que nesta xornada “se postulou a necesidade de contar cunha estratexia firme e clara”. Deste xeito, apuntouse á maior viabilidade de afrontar este proceso pola vía do recurso do reparto de cotas en zonas onde contamos con pouca porcentaxe”.
En relación á segunda sesión destas xornadas, que versou sobre a integración da tripla hélice entre científicos, pescadores e administración, Rosa Quintana explicou que nela se abordou “a necesaria colaboración entre os científicos e o sector, poñendo de relevo a importancia de achegarse información mutuamente para dispor dos mellores datos e das mellores decisións”.

https://www.youtube.com/watch?v=24hUdKgmK44

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.