A Cámara de Comercio de Santiago fomenta o espírito emprendedor cooperativo no instituto Virxe do Mar de Noiav

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofreceu unha charla divulgativa sobre fomento do espírito emprendedor cooperativo no IES Virxe do Mar de Noia. Trátase dunha xornada de orientación e sensibilización, financiada pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo. Un grupo de 42 alumnos e alumnas de 4ª da ESO, ciclo medio de vídeo e Dj e de 1º de bacharelato asistiu a charla para coñecer os pormenores de facerse emprendedor, como así explicou Sandra Becerra, responsable da área de emprendemento da Camara.

As xornadas están destinadas a transmitir valores empresariais e cooperativos vinculados á economía social, e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais.

A Cámara de Comercio de Santiago deseñou estas xornadas cun compoñente claramente didáctico e diáfano, adaptadas aos distintos niveis educativos e culturais dos estudantes. As sesións son de carácter informativo e divulgativo para estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.