A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) sorteou os premios da cuarta semana da Campaña Nadal, unha iniciativa de impulso comercial e reivindicación dos establecementos de proximidade na que están a participar todas as empresas socias da patronal. As persoas finalmente agraciadas foron Silvana (por facer a súa compra na Estación de Servizo Garlou), Dory Iglesias (por facela en Hipermarket Haomai), María E. Fernández (Claudio Cabo Tenda Pepa), Rebeca Sieira (Xoguetería Tatino) e María Elena (Congelados Digna).
Foron un total de 680 rexistros. O vindeiro 10 de xaneiro celebrase o sorteo final do galardón de 1.000 euros para unha única persoa gañadora. A entrega dos premios realizarase todos xuntos ao final da campaña.
A campaña inclúe catro semanas consecutivas repartindo 500 euros en cinco premios de 100 e un último de 1.000 euros para un só agraciado. Os rexistros para este último remata o 9 de xaneiro.