Deportes

NA PREFERENTE O BOIRO RECIBE AO FISTERRA E O PUEBLA VISITA AO SIGÜEIRO. AMBOS CADROS BUSCARÁN COMEZAR O ANO GAÑANDO

Logo de varias semanas sen fútbol na Preferente, volve e con dous partidos cinco estrelas. Por un lado o Boiro recibe ao Fisterra e o Puebla visita o feudo do Sigüeiro.
Os brancos marchan sextos na táboa clasificatoria e veñen dunha dura derrota fronte ao Paiosaco por 4-0 coa que pecharon o ano. 17 puntos son os que ten o cadro de Luis Carro, a dous tan só do Pino que marca o quinto posto que dá accesos á promoción. En fronte terá ao Fisterra, que se sitúa na oitava posición con 15 puntos e ten as mesmas aspiracións que os boiristas, meterse na loita polo ascenso. En principio salvo última hora por mor da covid, o encontro disputarase o domingo ás 16:30 en Barraña.
Doutra banda o Puebla visita ao segundo clasificado, o Sigüeiro. Os de Jesús Mella veñen de vencer na casa ao Arteixo, que marcha líder, nun encontro que lles servirá para recuperar confianza e buscarán manter a boa dinámica fronte aos de Oroso. O Sigüeiro pola súa parte conta cun equipo mozo, adestrado por Cardeñosa e xogadores coñecidos na zona, como é o caso do central Pablo Pérez, Miguel Pérez ou Diego Rivas. Se o covid o permite, o partido terá lugar o sábado ás 16:30 horas no Lino Balado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.