A Xunta anunciou que as confrarías serán as encargadas de acoutar as zonas nas que só se poderá extraer percebe e nas que tamén se poderá colleitar mexilla. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, afirma que é necesario que ambos sectores cheguen a un acordo sobre as zonas de explotación de cada recurso.
A CONSELLEIRA DO MAR FIXO UN CHAMAMENTO AO DIÁLOGO PARA SOLUCIONAR O CONFLITO QUE XERA A EXTRACCIÓN DA MEXILLA ENTRE PERCEBEIROS E BATEEIROS.

