Ribeira

EN RIBEIRA CONTARÁN CON 11 CARROZAS, QUE INTEGRARÁN A CABALGATA, QUE ESTE ANO VARÍA O SEU PERCORRIDO

O Concello de Ribeira contará este ano coa presenza dos Reis Magos, aínda que a súa visita ao municipio contará con algunhas modificacións. Unha delas é o percorrido que realizará a cabalgata. Sairá ás 18 horas dende o recheo do Malecón, pasará polo paseo do Malecón, avda García Bayón, Paseo das Carolinas e voltará nesa rotonda para vir polo mesmo lado ata capitanía, onde estará instalado un escenario para que os Reis Magos sexan recibidos polo Alcalde e o resto de autoridades. Alí tamén darán o discurso a todos os asistentes aos que se lles pide que garden a distancia de seguridade entre grupos de non convivintes e utilicen a máscara. Tras o discurso non haberá recepción aos nenos pola situación sanitaria actual.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.