Deportes

ALEJANDRO PESADO E CLARA MILLARES FIXÉRONSE COA III MILLA SOLIDARIA HEROÍNAS DE SÁLVORA.

O porto de Aguiño acolleu a terceira edición da Milla Solidaria Heroínas de Sálvora no 101 anos exactos do afundimento do vapor Santa Isabel e o valente labor desempeñado por parte de María Fernández Oujo, Cipriana Crujeiras, Cipriana Oujo Maneiro e Josefa Parada. Alejandro Pesado Fernández, do Atletismo Sar Vermú Petroni e participante na categoría Master 2, marcou o mellor tempo da proba ao deter o cronometro en 4:57. Entre as mulleres, fíxoo Clara María Millares Sieira, da Escola de Boxeo El Canario, cun tempo de 6:27, dentro da categoría Master 1.
Hai que dicir que por mor da situación covid houbo que alterar o programa previsto de tal xeito que cada categoría correu por separado e non nunha única saída na distancia absoluta de 1.609 metros.
Os concelleiros Javier Sampedro e Ana Barreiro foron os encargados de entregar as medallas dun certame que este ano correu a cargo da Asociación Pro Saúde Mental A Creba e contou cun total de 64 corredores entre as categorías biberón, prebenxamín, sub10-sub12, sub14-sub16, sub 18-sub20, sub23-senior e zapatilla inclusiva.
A proba estivo promovida polo Concello de Ribeira coa colaboración técnica de Abraham Benítez.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.