O BNG da Pobra presenta unha moción para o seu debate no pleno de Maio relativa a posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal, que pese a ter elaborado o regulamento non se chegou a constituir.
Dende o BNG consideran fundamental a constitución deste órgano de participación e agardan o acordo da corporación para facelo operativo antes de que comece o vindeiro curso.