O PAI 2016 financiará 82 obras en 38 concellos coruñeses

O Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación da Coruña servirá a 38 concellos da provincia para financiar un total de 82 obras, por importe de 7.446.794 euros.
A esta achega hai que sumarlle outros 7.089.938 euros que 49 municipios coruñeses empregarán para reducir a súa débeda, obxectivo prioritario deste plan provincial, que consiste na concesión de créditos sen xuros para os concellos, con dous anos de carencia e cun prazo de devolución de 10 anos, polo que as achegas provinciais poderán devolverse ata 2028 e permiten aos concellos realizar investimentos financieiramente sostibles e reducir a súa débeda sen ter que pagar intereses a unha entidade bancaria.
Un total de 61 dos 93 concellos coruñeses acolléronse ao PAI 2016, dos que 49 empregarán a totalidade ou parte do mesmo a reducir a súa carga financieira, mentres que 38 empregarán parte da súa asignación económica para a realización de obras.
A asignación correpondente a cada concello e as obras de cada municipio aprobaranse definitivamente no pleno do vindeiro venres, 27 de maio.

https://www.youtube.com/watch?v=35PodObWJ4U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.