O Concello de Ribeira vén de aprobar un novo expediente de contratación para sacar a licitación unha iniciativa coa fin de destinar unha contía de 400.000 euros a servizos de reparación, mantemento, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público situados na localidade.
Con este contrato, que terá unha duración de dous anos, preténdese financiar a execución de pequenos traballos de conservación e reparación en infraestruturas públicas e outros arranxos demandados polos veciños que non sempre poden ser atendidos de forma inmediata ante a elevada carga de traballo da brigada municipal de obras. Segundo indica o Goberno local.