Deputación da Coruña financiou a compra de scooters, bicicletas e equipos de comunicación a 20 bases de Protección Civil da provincia. A liña de axudas contou cun orzamento de 93.034 euros ás agrupacións e asociacións de concellos con menos de 50.000 habitantes.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolleu a adxudicación deste material. Os grupos de Protección Civil de Boiro, Ames, Betanzos, Negreira, Vimianzo, Val do Dubra, A Laracha, Carnota, Muxía e Curtis adquiriron scooters a través dunha liña de financiamento á que o ente provincial dedicou 49.513 euros. No caso de Ribeira e Dumbría, o equipamento mercado foron bicicletas, para o que se destinaron 3.630 euros. O lote de equipos de comunicación tivo como beneficiarias as asociacións e agrupacións de A Pobra, Muros, Carballo, Bergondo, Boimorto, Mazaricos, Ares e Abegondo.