Deportes

SAÚL BERDULLAS E LAURA HERMO FIXÉRONSE CO MÁSTER PROVINCIAL JEALSA DE TENIS.

Boiro acolleu ao longo desta última semana o Máster Provincial Jealsa de Tenis, un evento organizado polo C.T.Boiro en colaboración co Concello de Boiro e patrocinado polo concello de Boiro e por Jealsa. O torneo repartiu 650€ en cada categoría(1300€ en total).
O torneo estaba reservado para os 16 primeiros xogadores e xogadoras da provincia da Coruña, segundo o ranking da Federación Española. E disputouse en 4 pabillóns de Boiro: Barraña, Cabo, Escarabote e Praia Xardín, que acolleu ademais,as finais.
Na categoría feminina, as irmáns Hermo, Belén e Laura protagonizaron unha emocionante final que se tivo que decidir no super tie-break 2- 6/6-3/11-9 a favor de Laura Hermo. As dúas xogadoras estiveron condicionadas polos nervios da final, logo de desplegar moi bo xogo durante todo o torneo.  Polo camiño quedaron a nº1 do cadro Alexia Iglesias (PSon)e a ferrolá Alejandra Vázquez era a número 2 do cadro.
Na categoría masculina, Saúl Berdullas (202 de España) o nº1 do cadro,impúxose nun axustado partido ao excampión galego Miguel Casal 6 – 4/7-6. A velocidade do xogo desplegado fixo as delicias das casi 100 persoas que se deron cita no poli de Praia Xardín ata ben entrada a noite.
Polos locales estiveron  Angel Méndez que acadou os cuartos de final, e Roberto Alcande semifinais. Na primeira rolda caeron Rodrigo Iglesias, Carlos Lijó, Alberto García, Dani Pérez, Fran Fariña, Angel Aragundi, Manuel Vázquez e Manu Ramallo.
Este ano, non foi coma os anteriores, debido ó covid, pero celebráronse actividades paralelas coma o torneo de Nadal nas categorías inferiores e ao rematar as finais, leváronse a cabo os tradicionais sorteos que acompañan á entrega de trofeos dos torneos da Liga, de Nadal e do Máster. Na cita contouse coa presencia dos presidentes dos clubs de tenis da comarca e da concelleira de deportes de Boiro Dores Torrado por parte do concello.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.