Este 2021 serviu para que a Primeira Autonómica volverá aos campos do Barbanza. Este ano son 3 os equipos representantes do Barbanza no grupo 1, o Cidade de Ribeira, Unión e Taragoña. E no Grupo da Costa está o Volantes de Baño. Ben diferentes son os resultados e a forma na que se atopan cada un deles.
Por un lado os de Santa Uxía encadean seis partidos consecutivos con vitoria, o que lles fixo sumar 18 dos 23 puntos cos que se atopan. O momento chave da tempada ata o de agora foi o triunfo no derbi ante o Unión, a partir de ahí venceron a rivais diretos como o Lalín e Flavia. Actualmente sitúanse como colíderes empatados a puntos co Flavia cun partido menos, o aprazado fronte ao Taragoña que se disputará o próximo xoves 6 de xaneiro. Os máximo anotadores son Anthony e Abi con 4 goles cada un. Para esta segunda volta contarán coa incorporación de Yago Rivas, que volve á que foi súa casa despois dun breve paso polas filas do Boiro.
Uns postos máis abaixo atópase o CD Unión, con 16 puntos, ocupando a sexta praza. Os de Luisito comezaron dunha forma espectacular, gañando ao Lalín na casa e empatando en Flavia, dous rivais chamados a loitar polo ascenso. Sen embargo, non volveron a sumar de 3 dende o último triunfo na casa fronte ao Taragoña o 14 de novembro po 5-0. Os de Asados voltan á competición o vindeiro 9 de xaneiro visitando ao Lalín. O máximo goleador é Ismael Cerqueiras con 4 goles.
O Taragoña pola súa parte, debutaba este ano na Primeira Autonómica despois de moitos anos na Segunda, logo do ascenso logrado xusto cando irrumpiu a pandemia. E, a decir verdade, non está a ser a campaña soñada para os de Rianxo. Aínda non saben o que é gañar tras finalizada a primeira volta, aínda que en moitos encontros si mereceron levarse os tres puntos. Atópanse últimos con 4 puntos, a dous do Esclavitud. A próxima xornada disputarana fronte ao Cidade de Ribeira polo partido que se aprazou xusto antes de Noiteboa por mor dalgún positivo nas filas do Taragoña.
No Grupo da Costa o Volantes de Baño agarda mellorar seu estado de forma neste comezo de ano 2022, xa que só consegiu a vitoria en dúas ocasións e un empate, situándose con 7 puntos na antepenúltima praza. O domingo 9 de xaneiro visitan ao Dumbría, co obxectivo de cambiar a mala dinámica da que veñen.