O novo parque empresarial de Ribeira segue avanzando cara a súa construción. Hoxe adxudicouse a elaboración do proxecto de urbanización, que recaeu na empresa Monsa Urbanismo SL por un importe de 129.772 euros, IVE incluído.
De acordo co prego de contratación, no documento definiranse a execución de 13 obras a efectuar na superficie de 258.685 metros cadrados da área industrial. Entre as actuacións a desenvolver atópanse a execución das vías públicas, rede peonil e aparcadoiros, abastecemento de auga, saneamento, subministración de enerxía eléctrica ou a infraestrutura de telecomunicacións.
Hai unhas semanas tamén se adxudicaron os traballos da redacción do proxecto de expropiación e a execución dos servizos de arqueoloxía.