Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ENTREGA CATRO VEHÍCULOS ADAPTADOS E ENTIDADES SOCIAIS DA PROVINCIA.

O presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, fixeron entrega de catro novos vehículos adaptados a outras tantas entidades sociais da provincia da Coruña.
Unha das asociacións que recibiu un dos vehículos foi Amicos, que ten a súa sede en Comoxo, Boiro. A entidade recibiu entre 29.000 e 40.000 euros para a adquisición do vehículo adaptado. O presidente do ente provincial explicou que son unha demanda importante das entidades sociais, xa que permiten o transporte diario dos seus usuarios aos centros de día e ocupacionais.
A deputada Ana Lamas destacou a importancia que teñen os vehículos, especialmente no rural e lembrou que a concesión realizouse en réxime de concorrencia competitiva no que participaron 17 entidades sociais da provincia.
Tamén se beneficiaron dos vehículos a Asociación Adaceco da Coruña, Aspronaga e a Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca da Barcala, en Negreira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.