O Concello da Pobra do Caramiñal procederá no primeiro trimestre do próximo exercicio a actualizar o inventario de camiños municipal, unha vez finalizado o proceso de revisión das preto de mil vías do termo municipal, segundo anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos.
O INVENTARIO DE CAMIÑOS DA POBRA DO CARAMIÑAL ACTUALIZARASE NO VINDEIRO ANO.

