Tal e como se anuncia no BOP de hoxe, abre o prazo de presentación de solicitudes para aspitar a obter becas como deportistas individuais do Concello de Ribeira.
A tal efecto, cóntase conha partida orzamentaria de 9.000 euros, cunha contía máxima de 1.000 euros por bolsa.
Son potenciais destinatarios os deportistas que reúnan as seguintes condicións:
Ter condición de deportista na práctica dalgún deporte olímpico (aínda que atendendo á especial importancia dun feito deportivo poderá valorarse a inclusión nestas bolsas de deportistas practicantes de deportes non olímpicos.).
Nacer no Concello de Ribeira e/ou estar empadroado no Concello de Ribeira, cunha antigüidade mínima de tres anos desde a data de publicación do extracto da convocatoria no boletín oficial da provincia.
Ter licenza federativa en vigor no momento de realizar a solicitude de bolsa, expedida pola Federación Deportiva correspondente.
Estar ao corrente das obrigacións fiscais co Concello de Ribeira, así como das obrigacións coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social.
O prazo para formular as solicitudes é de 15 días hábiles (finaliza o 14 de xaneiro). Débense presentar no rexistro xeral do Concello.