GUIDO KROEMER reivindica unha visión “máis holística” do cancro ao recoller o V PREMIO RAMIRO CARREGAL-FUNDACIÓN LA ROSALEDA

Este xoves entregouse no Hostal Parador de Santiago de Compostela o quinto Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal-Fundación La Rosaleda. O premiado foi o profesor Guido Kroemer, que desenvolve o seu labor no Instituto de Oncoloxía Gustave Roussy de París. O premio, dotado con quince mil euros, supón o recoñecemento do Xurado a un dilatado labor de investigación que permitiu obter unha “nova visión” do cancro e, por tanto, “un novo enfoque no seu tratamento”.
Así o recoñeceu o premiado no seu discurso de agradecemento, no que explicou, a grandes liñas, en que consiste o traballo do seu grupo de investigación.

A intervención do premiado foi seguida con gran atención por un abarrotado auditorio no que, un ano máis, déronse cita moitos profesionais da sanidade galega, así como representantes políticos e académicos, entre eles o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Precisamente o presidente do Goberno galego, destacou que a implantación das vías rápidas está a permitir que os pacientes oncolóxicos graves sexan atendidos nun tempo medio de espera de 15 días. Un sistema que, segundo lembrou, o pasado ano beneficiou a un total de 12.000 persoas que, ademais, foron atendidas nun prazo medio de 7,2 días.

Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse tamén á importancia de seguir fomentando a investigación científica. E lembrou que o Servizo Galego de Saúde está a desenvolver actualmente 137 ensaios clínicos abertos á participación de pacientes oncolóxicos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.