A sexta onda de contaxios deixa un novo rexistro máximo de casos detectados en Galicia no último día ao rexistrarse 2.241 novos positivos. Na conferencia de presidentes celebrada onte o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo poñer en marcha medidas proporcionais e similares en España. Finalmente o Consello de Ministros aprobou hoxe a obrigación de levar a máscara en exteriores como medida de prevención.
O CONSELLO DE MINISTROS APROBA A MÁSCARA EN EXTERIORES COMO MEDIDA DE PREVENCIÓN ANTE O AUMENTO DOS CONTAXIOS.

