O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro ( e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo compareceron en rolda de prensa neste 22 de decembro para explicar a situación actual no referido ao polideportivo de Venecia. Segundo explicaron, nestes días procedeuse a rescindir o contrato coa empresa que resultara adxudicataria das obras da referida instalación deportiva, Construcciones Alea, o que posibilita que se inicie un novo expediente de contratación.
O CONCELLO DA POBRA INICIA UN NOVO EXPEDIENTE DE LICITACIÓN PARA AS OBRAS NO POLIDEPORTIVO DE VENECIA.

