Os equipos e afeccionados da Primeira autonómica terán que agardar ata o vindeiro ano para poder volver a desfrutar do fútbol modesto. E terano que facer máis do esperado, xa que este pasado fin de semana estaban programados os encontros entre o Cidade de Ribeira e o Taragoña, así como o CD Baio e o Volantes de Baño. No caso do primeiro paritido entre ribeirenses e rianxeiros, tívose que suspender por un caso positivo detectado nas filas do Taragoña. O protocolo obriga a tódolos integrantes do plantel a realizarse unha proba e despois intentar cadrar unha data para xogar o partido aprazado. A día de hoxe a data que máis soa é a do 2 ao 4 de xaneiro, entre semana, aínda pendente de confirmar.
No caso do Grupo da Costa, tódolos encontros foron suspendidos polo pasamento do árbitro cormelán Lucas Vicente Vidal nun accidente de tráfico nas estradas de Ponteceso. A Federación Galega decidiu gardar un día de loito en honor a unha figura ilustre do fútbol da Costa.