O BNG de Riveira propón a creación dun grupo de traballo cos membros da corporación local para revalorizar o museo municipal de Riveira. Ademais os nacionalistas piden o traslado da colección de bonecas que ocupan un espazo neste museo para instalar outro contido. Piden así dar espazo tamén ós numerosos artists que hai en Ribeira.
Segundo explican co traslado da colección das bonecas, contribuiríase a liberar un espazo polivalente para presentacións culturais, sala de exposición temporal e sala de actos a este andar do Museo Municipal de Ribeira, creando unha sala polivalente no centro urbano da vila que servise de atracción de visitantes e con eles un maior dinamismo do Museo Municipal ribeirense.
https://www.youtube.com/watch?v=CYCQblvXYrE