Outra semana máis na que o Barbanza Rugby Club non consegue sumar seu primeiro triunfo da tempada, desta vez fronte ao Kaleido Universidade Vigo. Os rianxeiros visitaron ao líder da categoría con pleno de vitorias, e nada puideron facer para tentar opoñer resistencia ante un rival con moita máis experiencia e calidade que os do Barbanza. Esta derrota chega na xornada 8 do campionato, e aínda que o Barbanza rugby club non coñece a vitoria, a medidas que pasan as xornadas vai mellorando a súa imaxe. Así, con este resultado chega ao parón como colista, pero o máis importante neste 2021 foi que conseguiron reunir un grupo de rapaces para saír a competir cada fin de semana nun deporte que non debe perderse na comarca do Barbanza.