A Preferente non deixa de sorprender e está máis igualada ca nunca, e máis despois do triunfo do Puebla sobre o Arteixo, que xogou 60 minutos cun xogador menos e rematou caendo 3-2 na Alta.
Chegaba o Arteixo líder sen coñecer a derrota a Puebla. Sen embargo comezaron mellor os locais, e no minuto 2 un testarazo de Xabi adiantabaos. Reaccionaron os coruñeses co tanto de Iker. Pero o encontro cambiaría no minuto 34, cando o colexiado expulsou a Ablaye logo dunha dura entrada sobre Madiop. Juan García, que está nun momento de forma espectacular, anotou o 2-1 un minuto antes de chegar ao descanso logo dunha xogada individual.
Na segunda metade empataba Iago Blanco a falta de 15 minutos, e cando parecía que todo ía quedar en táboas, apareceu a figura de Madio para poñer o definitivo 3-2 no último minuto e meter ao Puebla na loita por todo de novo.
Ben diferente foi o encontro do Boiro, que visitaba ao Paiosaco nunha dinámica moi positiva, sen embargo non foron capaces de meterse no encontro en ningún momento. Aos 25 segundos Critian xa poñía por diante aos locais. Pasados os 25 minutos de encontro, Cristian volveu a anotar o segundo despois de superar a Juan no man a man.
Logo do paso por vestiarios, Luis Carro moveu o banquillo, pero sen eficacia. No minuto 67 Josiño cedeu un balón a Iván Amor que este deixou a Cristian que o seu tiro foi desviado por Borja e supuxo o 3-0. Xa no 85 Yago Pérez anotou outro tanto en propia emta que deixaba o marcador 4-0.
Con estes resultado o Boiro marcha ao parón sexto con 17 puntos e o Puebla sétimo con 16.