Xa son numerosos os roubos que se están dando nos últimos meses no Concello da Pobra. Diversos establecementos hostaleiros e de comercio local está a sufrir este tipo de actos vandálicos que nos últimos tempos estanse acrecentando. Os hostaleiros denuncian a pouca seguridade que existe a día de hoxe no Concello da Pobra, sobre todo polas noites, a franxa horaria na que se dan tódolos roubos.
O SECTOR HOSTALEIRO DA POBRA DENUNCIA A FALTA DE SEGURIDADE NO MUNICIPIO ANTE OS ÚLTIMOS ROUBOS.

