Deportes

O BOIRO VOLEIBOL NON PUIDO CO PODEROSO GUAGUAS A PESARES DE FACER UN GRAN PARTIDO.

O partido entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Guaguas non decepcionou a ninguén. Ambos os conxuntos ofreceron un alto nivel na Cachada e os canarios, tras un inicio no que foron sometidos polos boirenses, mostraron o seu enorme potencial en terras galegas. Aos de Marcelo Benavídez non lles abondou con dar a súa mellor versión do curso no primeiro set ante un adversario que medrou co marcador en contra e acabou facendo valer a súa condición de campión da Superliga e candidato a reeditar o galardón (1-3).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.