12.3 C
Chicago
23 octubre, 2026

Ambar presenta a II carreira pola diversidade

A II carreira pola diversidade córrese en Ribeira o próximo 26 de xuño da man de AMBAR, Asociación das persoas con diversidade funcional. Participar nesta carreira solidaria é ben sinxelo, so hai que ter ganas de axudar e de correr, e inscribirse na páxina web da asociación, no centro Ambar ten en San Roque, en Podium Sport ou na clínica de Fisioterapia María Martínez. O custo da inscripción é de cinco euros que axudarán a promovoer o deporte inclusivo. A carreira que xa vai pola segunda edición foi presentada esta mañá no centro que Ambar ten en Frións, no acto participaron o concelleiro de deportes, Anxo Orellán, a presidenta de ambar, Milagros Rey, o representantes do lcub Acciona, José Manuel de la Iglesia eos responsables da proba, Mª del Carmen González e Abraham Benítez.

A presidenta de Ambar, Milagros Rey fai un chamamento á participación.

A saída da proba será as 10:30 na categría de adultos, e a partir das 11:30 as categorías infantiles dende o malecón de Ribeira.