O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación dun novo programa, o Investigo, que contempla a contratación de entre 450 e 585 persoas en centros de investigación, tecnolóxicos, universidades e fundacións.
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 13 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MENORES DE 30 ANOS EN CENTROS DE INVESTIGACIÓN PÚBLICOS E PRIVADOS SEN ÁNIMO DE LUCRO.

