O Parque Infantil da Praza de Galicia do Concello de Boiro xa é unha realidade. Rematadas as obras de construción dunha cuberta con iluminación fotovoltaica, cunha pérgola con materiais sostibles, os máis cativos poderán desfrutar deste novo espazo. O arquitecto municipal asegurou que se trata dunha gran actuación e que puxeron todo o que tiñan na súa man para que se levara a cabo da mellor forma posible.