Chega un dos momentos máis agardados por tódolos amantes do deporte. Chega a Sin-Son 10 K ao Concello de Porto do Son. Este domingo a partir das 11:00 darase o pistoletazo de saída á carreira absoluta. No trazado de dez kilómetros terá como saída Portosín, onde se concentrarán os 1.500 corredores en diferentes tandas de saída. A AC-550, por onde transcorre maiormente a marcha estará cortado ata as 12:30 da mañá.
Os corredores deberán regular o esforzo neste tramo para chegar na mellor das condicións á parte máis dura e clave da carreira, a subida da Aguieira. Con sete quilómetros enriba das pernas, os corredores deberán dar o máximo e reservar enerxías para este tramo final. Será unha xornada increible para o deporte galego, xa que acudirán atletas de renome como Adrián Ben á previa.
O sábado será o turno dos rapaces, que arredor de 500 participantes serán os encargados de abrir a Sin-Son 2021. As carreiras infantís arrancarán cos sub-16 ás 17 horas da tarde-