Icono del sitio CanalBarbanza.com

SANIDADE INVESTIRÁ 600.000 EUROS EN MODERNIZAR O LABORATORIO DE SAÚDE PÚBLICA DE GALICIA DE LUGO.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou durante a visita que realizou este mércores ao Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, que ten a súa sede en Lugo, que a Xunta de Galicia realizará un investimento de 600.000 euros en renovar e modernizar o equipamento e a tecnoloxía deste centro. En total, dende o 2015, este laboratorio recibiu axudas por un valor de case catro millóns de euros.

Salir de la versión móvil